sábado, 4 de maio de 2024

NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA EXCURSIÓN

 NON ESTÁN PERMITIDOS:

Teléfono móbil, tablet, cámara de fotos, de video, ningún aparello electrónico que permita calqueira tipo de reproducción gráfica.


ADMINISTRACIÓN DE MEDICACIÓN

O mestre responsable do alumnado será o que se faga cargo da custodia e administración e supervisión da medicación.


QUE LEVAR NA MALETA

    ROUPA CÓMODA: tanto para a ida como  para a volta é convinte que leven un chándal, imos estar moito tempo sentados e a roupa frouxa dará comodidade e favorece a circulación. Chuvasqueiro e gorra.

      Para o día do Rey León poden ir cun pantalón vaqueiro, camiseta e xersei (por se refresca a saída) por exemplo.

      Deberán levar alomenos 4 mudas de roupa interior, 4 pares de calcetíns, 4 camisetas interirores (se a usan).

     É mellor que leven un calzado cómodo co que estén afeitos a camiñar xa que así evitamos rozaduras e problemas nos pés. Levar dous pares.

     Deben levar un pixama.

     NON é preciso levar toallas xa as proporciona o Hotel.

    Un neceser que conteña: cepillo de dentes, pasta dentífrica, xel, champú, desodorante, protector solar, un peine e protector solar.

    Ademáis da maleta, unha mochila na que lles quepa unha muda de roupa e unhas chanclas(se fai bo, hai atraccións con auga na Warner onde se poden mollar. Deben ter roupa e calzado para cambiarse)


COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Farase sempre a través do centro. Empregaremos este blog: avoltas.eu

Os mestres participantes estaremos en continuo contacto co centro, podendo os pais chamar cantas veces consideren ao colexio durante horario escolar para interesarse sobre a marcha da excursión.

Levaremos con nós un teléfono móbil, que será usado polos participantes no caso de ter que recibir un recado urxente de parte da familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA

Bo día familias: son Yolanda , vou despedir este blog en nome de todos os mestres que fomos á excursión. Estamos cansos pero tamén moi conte...