Bo día familias: son Yolanda , vou despedir este blog en nome de todos os mestres que fomos á excursión. Estamos cansos pero tamén moi contentos e orgullosos dos vosos cachorros que dende hai tres días xa son tamén un pouco nosos. Foron tres días cargados de ilusión, felicidade e diversión que compensan dun xeito infinito a preocupación, tensión e responsabilidade que cargaba a mochila dos equipo de mestres que acompañaron aos rapaces. Un ano mais éncheme o peito compartir que novamente nos felicitaron no hotel, e no palacio real polo comportamento e organización do alumnado, noraboa a todos vós, pequenos e pequenas, que superastes con creces as nosas expectativas, porque non vou negar que tivemos e temos medo cada vez que saímos de excursión . Pero todo ese medo foi compensado pola cantidade de anécdotas preciosas que nos regalastedes, as vosas cariñas no rei león, os aspavientos da warner e sobre todo o feito de descubrir persoas marabillosas das que nos gustará saber con cariño como de ben lles vai na vida porque xa forman dende agora parte das nosas para sempre.
Abro un novo capítulo para felicitar expresamente aos meus compañeiros de viaxe ao frente desta aventura, os verdadeiros BRAVOS de toda a experiencia. Grazas por ser tan valientes, por confiar en min ainda que estabades blancos coma queixos do medo en varias ocasións, grazas porque sei que é mói duro e difícil estar e tomar decisións, foi super fácil traballar con vos, sodes listos, boa xente, traballadores, pacientes, cariñosos, puxestes moito empeño, sentidiño cordura e corazón en todo o feito. Foi difícil pero foi precioso, volvería sen dubidalo con vos onde faga falta, dóeme a cara de rir e o peito do orgullo, respeto e admiración para os catro: Víctor, María José, Vanessa e Rebeca sodes increíbles, GRAZAS, un bicazo enorme para vos, un bicazo para os que agora xa son para sempre os meus nenos.
PS.: o autobús quedou súper desordenado e cheo de papeles 😏😉 falamos o luns queridos cachorros, descansade😘😘😘
MIL GRAZAS! Son a nai de Nica e quería agradecer o voso esforzo por acompañar os nosos filllos a esta viaxe que, de seguro, quedará no seu recordo!! GRAZAS por todo!! Formades un equipo maravilloso, os nenos veñen encantadísimos!!!
ResponderEliminarVinieron encantados, muchas gracias por cuidar así de bien a nuestros niños, buen trabajo 😉😉😉
ResponderEliminarMoitisimas gracias por acompañar os nosos fillos nesta gran experiencia q sempre recordaran.
ResponderEliminarMoitisimas gracias por acompañar os nosos fillos nesta gran experiencia que sempre recordaran.
ResponderEliminarMuchas gracias por vuestro trabajo y dedicación, os deseo lo mejor a los cinco profesores que estuvisteis ahí dándolo todo, gracias!!!!
ResponderEliminar