sábado, 11 de maio de 2024

DESPEDIDA

Bo día familias: son Yolanda , vou despedir este blog en nome de todos os mestres que fomos á excursión. Estamos cansos pero tamén moi contentos e orgullosos dos vosos cachorros que dende hai tres días xa son tamén un pouco nosos. Foron tres días cargados de ilusión, felicidade e diversión que compensan dun xeito infinito a preocupación, tensión e responsabilidade que cargaba a mochila dos equipo de mestres que acompañaron aos rapaces. Un ano mais éncheme o peito compartir que novamente nos felicitaron no hotel, e no palacio real polo comportamento e organización do alumnado, noraboa a todos vós, pequenos e pequenas,  que superastes con creces as nosas expectativas, porque non vou negar que tivemos e temos medo cada vez que saímos de excursión . Pero todo ese medo foi compensado pola cantidade de anécdotas preciosas que nos regalastedes, as vosas cariñas no rei león, os aspavientos da warner e sobre todo o feito de descubrir persoas marabillosas  das que nos gustará saber con cariño como de ben lles vai na vida porque xa forman dende agora parte das nosas para sempre. 

Abro un novo capítulo para felicitar expresamente aos meus compañeiros de viaxe ao frente desta aventura, os verdadeiros BRAVOS de toda a experiencia. Grazas por ser tan valientes, por confiar en min ainda que estabades blancos coma queixos do medo en varias ocasións, grazas porque sei que é mói duro e difícil estar e tomar decisións, foi super fácil traballar con vos, sodes listos, boa xente, traballadores, pacientes, cariñosos,  puxestes moito empeño, sentidiño cordura e corazón en todo o feito. Foi difícil pero foi precioso, volvería sen dubidalo con vos onde faga falta, dóeme a cara de rir e o peito do orgullo, respeto e admiración para os catro: Víctor, María José, Vanessa e Rebeca sodes increíbles, GRAZAS, un bicazo enorme para vos, un bicazo para os que agora xa son para sempre os meus nenos.

PS.: o autobús quedou súper desordenado e cheo de papeles 😏😉 falamos o luns queridos cachorros, descansade😘😘😘

venres, 10 de maio de 2024

MALETA CONFUNDIDA


 Alguén deixou a sua maleta e levou a de Valentina, é unha maleta negra cerrada con código de seguridade. A de Valentina non vai cerrada con candado

Falta pouco

 Xa estamos en Ourense, así que ide preparando os coches.

ACORDARSE DE NON APARCAR NA ZOA DOS AUTOBUSES

Estamos en Galicia

 Queridas familias: estamos agora mesmo pasando pola Gudiña. Cando cheguemos a Ourense avisamos. 

Xa imos apagando motores

 O cansazo Vai pasando factura e apagando eses folgos case inesgotables.



A viaxe vai pesando a todos











 

Estamos en marcha

Rematamos de cear, ir ao baño e continuamos o retorno á casiña! Todos ben!

SEGUIMOS BEN

 Como anunciamos ás 23:00 empezamos a cenar, ainda non acabamos, estamos a punto, somos moitos e cando nos atopamos con xente nos sitios, comer ou ir ao baño é complicado. Cando nos poñemos en marcha avisamos outra vez. Perdoade pola tardanza do aviso. Xa falta menos. 

QUE BEN O PASAMOS











 

Amazing córeo

 Como diría Rafa Méndez:

-Vuestra coreo... simplemente es... Amazing!!!

Bravo, Bravo, bravo!!!😂😂









Esta córeo ensaiárona con Alejandro, seguro. Mirade que magníficas.

Os magníficos da Warner

 Máis chulos ca oitos. Aí están os reis da pasarela Warner.




Xa levamos 1 hora de camiño pero decirvos que non veñen cansos🙄, como decirvos... veñen melancólicos🥰🥰.....


 

Que tarde tan bonita








 

O espectáculo está na grada.

 Pensades que a espectación é polo show da Loca Academia de Policía?? Pois non!!

É polo baile que nos marcamos os profes!

O sol e esas cousas que van facendo mella.

Jajajaja!






AGOTADIÑOS

Estamos saíndo da warner (21:10)

HORA DE CHEGADA


ATENCIÓN ATENCIÓN 

Dende o momento no que subamos o bus iremos informando como viñemos facendo de onde estamos e canto nos falta para chegar. Xa sabemos seguro que imos parar aproximadamente ás 23:00h da noite para cenar. Os tempos márcaos o tacógrafo do bus. A hora exacta de chegada non a damos dito agora pero POÑEREMOS A HORA DE CHEGADA NO BLOG

Todos felices

DESPEDIDA

Bo día familias: son Yolanda , vou despedir este blog en nome de todos os mestres que fomos á excursión. Estamos cansos pero tamén moi conte...